A "Asociación Cultural Castromao" creouse en Celanova (Ourense) no ano 1999 con motivo da organización do I Folión Castexo de Celanova, pero non é ese o seu único fin, senón que persegue, coas súas actividades, difundir os valores culturais do conxunto arqueolóxico de Castromao e doutros xacementos da comarca de Terra de Celanova, así coma a organización de calquera outro tipo de actividades de carácter cultural e de ocio na vila ou contorno.

Tras un par de anos de inactividade, no 2004 a Asociación rexurdiu expontáneamente de entre os participantes no Folión, para impedir que se peredese a festa e para dinamizar a vida cultural e xuvenil en Celanova.